24/6/08

outro comentario persoal, desta vez sobre o San Xoán.

é unha trapallada que comente algo que índa non coñecedes, pero dademe tempo que contareivos como foi cando lidia me pase as fotos para que todo sexa moito máis creible, se ninguén o fai antes claro, que sería tamén de moito agradecer.
como me ferve o sangue por escribir algo, pos teño que acabar dando a miña opinión sobre os distintos eventos. e aí vai.
buino pos un San Xoan en Vilamaor, nunha carballeira escondida enfronte á casa dos Darío. A verdade é que eu nunca fora alí, onde se leva facendo creo dende hai un ano, é dicir, que este é o segundo ano que se fai (creo), e o sitio prestase bastante para o meu entender ( e para cambiar de idea porque non o quería aí, prácticamente sen velo, pero non quita de que me parezcan máis axeitados outros lugares de Botos, como por exemplo a escola ou o local social, locais de toda a parroquia). foi un evento cargado de animacións pra todolos públicos porque houbo teatro ( que me gustou un montón), gaiteirada á cargo do grupo AILOLA ( e aproveito para publicitalo), que levou ás súas pandereteiras e músicos e que amenizaron o xantar antes e durante, contando coa colaboración do señor Docampo para alguhas pezas, tamen tocou un trío: Géminis creo recordar.
en si a festa estivo moi ben, eu paseimo en grande, pero como sempre lle poño algun toque malo pola miña parte esta vez non ía ser menos.
a festa está ben, pero non parece unha festa de San Xoan polo que se lle debería cambiar o nome ou cambiar o funcionamento da festa e convertela nun San Xoan dos que antes se facian en Botos, deses con fogatas e dos que cada un leva algo pra comer e compartir co resto. ademais a miña impresión foi que faltou moita xente de Botos, é dicir, que había moita xente pero que moita era xente de fora da parroquia e claro que está ben que veña todo o mundo pero eu creo que para quen se fai en primeiro lugar esta festa é para os veciños, así se promove dende a nosa asociación, e despois claro está pra quen queira disfrutar dunha boa festa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Jo¡ Deixasme intrigada.
A saber o que pasou tivenlle dando voltas e no caigo. Eu tamen quero as fotos de san Xoan.

marta dijo...

como o que pasou? non entendo!non pasou nada que eu saiba. eu tamén quero as fotos pero quen dispón delas é lidia e non sei se no las pasará, porque igual llo prohibímos eu e muri!!!jejejeje.

muran dijo...

Xa falei con lidia, as fotos do San Xoan vainas colgar na páxina este fin de semana, que en coruña non lle vai moi ben o de internete.Por certo, coincido con Marta no do San xoan, estivo ben e a carballeira está de puta nai, pero eu tamén creo que lle temos que dar outro aire para ver se xuntamos mais xente de Botos

marta dijo...

haber se as colga porque teño moitas gañas de velas. e haberá que publicitar aljo ós do teatro e máis ós de ailola con alghunha foto desas!!jejeje.