17/6/08

MES DE XUÑO - MES DE SAN XOAN

Parece que foi onte cando comiamos as uvas de fin de ano, e xa estamos no mes de xuño. Mes do inicio do verán que dará comezo a unha infinidade de festas e romarías por toda a nosa xeografía galega. Sen dúbida as que triunfan son as de Comer, sobre todo si é de balde. Temos como exemplo cercano a romería da tortilla de Laro (primeiro venres do mes de Agosto) ou a do Xamón en Bermés (14 de Agosto). Ano tras ano parece que van a máis. Pero pola contra, outro tipo de festas, esas as que parece ningúen querer poñerse ó fronte, van desaparecendo. Y é que, como dín os vellos: "A xuventude non che quere estas festas, prefiren o ir de discotecas e pubs". Un traballo pouco agradecido ese de ser Ramista, o que nos leva a desaparición de certas festas. Sen ir moi lonxe, a nosa parroquia a piques estivo de non ter festa o ano pasado, y en 2008 a celebración na honra a Virxe de Fátima só foi de carácter relixioso. Intentemos que festas que antigamente xuntaban a xente que, aínda sendo veciños, non se paraban a falar máis que os días de festa ou nos velorios dalgún coñecido. Y é que unha frase que seguramente teñades oído máis de unha vez o resume todo: "É unha mágoa que so nos vexamos nos enterros". Y é que non todo se move con cartos, aínda que sexa un imprescindible as veces.

No hay comentarios: