30/6/08

A escola

Moi boas! tecleo unhas liñas pa decirvos que estes días estivemos a falar alguns membros da asociación, Marta,Muran grande mais eu, de que temos que ir mirando de sacar adiante unha idea algo antiga e o mesmo tempo un pouco esquecida, unha idea que xa se iniciou fai ano e pico e que quedou parada por falta de tempo ou ganas ou as duas cousas. O tema é que temos que ir mirando de acabar as reformas que empezamos na vella escola da estación. Como decia antes, fai ano e pico demoslle unha capa de pintura ás paredes e limpamos as silvas e as polas que había no medio, tamén falamos de poñer os baños, conectar a auga, comprar unha nevera, unha cafetera, un proxector, etc, cousas que ó final fomos esquecendo e non fixemos. A idea é que agora que chega o bo tempo, e seguro que imos ter mais tempo, volver a poñernos ó choio, empezando por a limpeza dos exteriores e seguindo polo dos baños. A idea tamén é que a xente que entre na páxina dea a súa opinión, algunha idea, se se anima a votar unaha man etc. De momento un dos plans que temos, se non dades unha idea mellor, é a de quedar un dia para limpar e despois facer alí un churrasco a noite. Eso, metede algún comentario para saber o que vos parece, co de Marta xa conto.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O do churrasco é a mellor idea, eso sí, despois de traballar gosta máis a carne a brasa...

Aí vai unha "brillante" idea: Para limpar a maleza do exterior, levar un año para logo papalo ou sortealo ;-P


mmmmm!!!! cabritoooo!!!

P.D. Xa mandarei algunha idea "mellor"

marta dijo...

si muri penso que tuveche boa idea propoñendo o de facer un churrasco alí que dese xeito é como animamos á peña!!jejeje.
eu como xa che comentei creo que é a mellor inversión que podemos levar a cabo cos cartos que temos na asociación!!e despois a empezar a traballar, é dicir, facer actividades...
mira anónimo non queremos máis años, que non sei se sabes que dunha vez houbo que asistir a unhas cantas reunións pra haber que se facía con un que mercaramos.despois nin pra comer!!
pero se tal a miña besta é coma un cortacespez deses, e agora que vai ser mamá!!