31/1/08

CAMPAÑA ELECTORAL



Achegase o carnaval, e con elo a campaña electoral. Saleume unha rima que non contaba con ela :-)

O vindeiro 9 de Marzo estamos chamados as furnas para elexir quen será o noso presidente do goberno durante os próximos catro anos. Botos ten veciños afiliados a todos os partidos políticos que forman o concello de Lalín (Manolo Gómez, Donsión, Rocio, ...). É ben seguro que a nosa veciña Paula (a da dereita na foto) non necesitará xornada de reflexión para elexir ó seu candidato. Non quero dicir con isto que, porque a que sae con ela na foto sexa unha ourensá que chegou ó goberno de Zapatero como Ministra de Agricultura, Gandeiría e Pesca, vaia a votar o Partido Socialista. Me explico. Paula traballaba de guía turística no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) cando a ministra Elena Espinosa fixo unha visita a dito templo abandoado e que agora se está a reabilitar. A sua visita puido ser analizada por Paula e observar o tipo de persoa que é realmente e a sua visión da política se puido ver alterada. Sí, sí, tanto podía dicir que era unha tipa de P.M. coma que era unha Sosa ,...
¿Podemos saber como é a ministra sin coñecela? Analicemos a foto.
- O que primeiro destacamos son os nervios que había no ambiente. Digoo pola persoa que sacou a foto xa que saiu un pouco movida. :-P
- A distancia entre unha e outra determina falta de acercamento e entendemento.
- A ministra parece que ten un pito acceso na súa man dereita, síntoma de non respectar os lugares de patrimonio histórico e contaminando o ambiente.
- E que dicir da outra man, que parece que nos vai sacar unha pistola para "roubar o Wolframio" do que sempre comentaba Paula nas suas guías.
- ...
Que cada un saque as súas conclusións.
P.D. Perdoa Paula se che molestou a visión fotográfica ;-P


29/1/08

4º Premio para a Carroza da cooperativa de Botos

A Carroza da Cooperativa Gandeira de Botos obtivo o cuarto premio na XL edición da Feira do Cocido de Lalín. Un premio dotado con 500 euros que a ben seguro lles custou moito mais realizar. Según datos da prensa, arredor de 60.000 persoas se diron cita nas rúas lalinenses para comer o cocido e ver o desfile de carrozas e comparsas. Na carroza de Botos, merecedora do primeiro premio, que recaeu nunha carroza que soamente tiña de atractivo unha avioneta simulando a do aviador Loriga, podiamos ver
un variado número de labouras que se facían antigamente e que agora xa se perderon como por exemplo o de levar nun burro as olas do leite ou o proceso do millo. Se pinchades no enlace que abaixo poño podedes ver as fotos da carroza que sacou www.deza.org. Se queredes ver fotos das outras carrozas debedes entrar no apartado imaxes de dita páxina. Expresade aquí as vosas opinións sobre a elección dos premios que eu opino non foron de carácter popular senón "partidistas". VER FOTOS: http://picasaweb.google.com/debotos/FeiraDoCocido2008

ENTROIDO

eu ando facendo que estudio por compostela pero a cabeziña non me deixa!e como se achegan días de festa rachada non podo evitar pensar nela. o que vos quero dicir é que á mociña grande de vento ocurreuselle que podíamos montar unha charanga en na parroquia o martes de entroido. se estades de acordo en vir deixadenos o voso comentario ou poñedevos en contacto. o que se dixo foi que Xibeiro nos transportaría no seu autobus, pero non pola general claro, enton haberia que decoralo un pouco. animadevos.
VIVA O ENTROIDO
as miñas mensaxes non van dirixidas a persoas de botos en exclusividade.
apertas

21/1/08

Botos terá presenza na XL Feira do Cocido



A parroquia lalinense de Botos terá presenza no desfile de Carrozas e Comparsas que terá lugar o próximo día 27 de Febreiro en Lalín coincidinco coa XL edición da Feira do Cocido. Esta representación parroquial correrá a cargo da Asociación Cooperativa de Botos e consistirá nunha carroza elaborada por membros de dita Asociación. Esperemos que alguén realice fotos do evento e as publique en www.debotos.es.
Foto: Carroza no cocido. Ano 2007

14/1/08

UNHA MORTE ANUNCIADA




O pasado venres, no lugar do Reguengo, un can grande blanco e con pencas negras cruzaba a estrada unha e outra vez sen percatarse da presenza dos coches que por alí pasaban. Vino cos meus propios ollos nunha destas "cruzadas" e veume a cabeza o que todo o mundo pensaría: "Como siga así vai acabar matandoo un coche". Dito e feito. Ese mismo día, venres, xa de madrugada, pasei pola mesma zona e alí topei co mesmo cadelo xa cádaver. Tiña pensado sacarlle unha foto pero a choiva nese momento era tan forte que decidín continuar a miña marcha. Se vos pasades hoxe polo Reguengo seguro que aínda o vedes. Dende aquí fago un chamamento a xente que sepa algo deste suceso para esclarecer que foi o que pasou realmente, xa que nos xornais da fin de semana non vin ningunha noticia ó respecto. E se alguén perdeu o seu can e coincide coa descripción citada anteriormente, xa sabe onde topalo. "Vida de perros..."
Foto: punto vermello indica a situación do animal durante a fin de semana.

10/1/08

¿Como se chaman os de Botos?

Ante a pregunta formulada na enquisa "¿Como se chaman os de Botos?" que www.debotos.es publicaba ata o pasado fin de ano, os resultados foron os seguintes:
1º Lugar - Outra forma 36%
2º Lugar - Boteirenses 26%
3º Lugar - Botenses 23%
4º Lugar - Bosteiros 10%
5º Lugar - Botoseses 3%

En resumen, que todavía non se desvelou realmente a resposta. Quizáis mais adiante a coñeceremos. Xa digo, quizáis...

5/1/08

boa tarde!!

Boa tarde!! Por fin tiven un minuto para deixar unhas palabras no blog botense. Pensei que me ía levar bastante tempo, pero coa boa explicación de Toño foi doado. Toño - a Docampo creo que llo vas tes que explicar de novo porque aínda non o pillou!!
Hoxe, día 5, algúns festeiros da parroquia iremos cantalos reis de lugar en lugar. Se alguén se anima, xa sabe que afine a palleta e traia unhas culleres, cunchas ou a botella do anís.
Apertas pra todos!!!!!!!!!

2/1/08

todo o mundo a cantalos reises.


Deanos señor la claridad

que se pone el sol viene lunar

lo que le pedimos es el xerro

botenos un viño polo ano vello.

deanos señor la cla.........


agora non podemos abandoar os nosos hábitos e como levamos facendo dende hai dous anos, volveremos a pedilo aghinaldo. comezamos os ensaios mañan a partires das 20.30 na antiga escola. (haber se alguen puidese ir antes a prendelas estufas se non imos quedar tesiños co frio, a chave ta na de fran). pretendese tamen adxuntar novo repertorio asi que non dudedes en traer novas panxoliñas, que se non os nosos veciños que sempre nos aturan non nos escoitarán máis.

traede tamén instrumentos varios para os cantos.

ahh e este ano procurade deixar os papeis na casa, xa teñen que estar sabidos. jeje.