28/2/08

AVISO DE REUNIÓN

Ó Concello de Lalín convoca para hoxe, as 21:30 no local social de Botos a todos aqueles veciños da parroquia que se queiran informar sobre os cambios que se van a producir por mor das obras do AVE no tramo Abeleda-Baxán. Os principais cambios dos que se informará serán a ampliación de camiños de servizo e máis o cambio de trazado do camiño de Santiago. Estas charlas estarán impartidas polos concelleiros do concello de Lalín, Antonio Rodriguez e o noso veciño, e tamén concellal, Manolo Gómez. Ademáis, segundo indica Antonio Rodriguez, os técnicos do ADIF están dispostos a informar sobre a modificación do proxecto aos veciños.

26/2/08

Movendo nas CUNCHAS






Hoxe podemos ler na prensa que o comité asesor do Camiño de Santiago pretende variar o trazado da Ruta Xacobea ao seu paso por Abeleda - Baxán debido as obras do AVE que se están a levar a cabo nas inmediacións. Sería a primeira vez na historia da nosa parroquia que se modifique o trazado da ancestral vía da Prata, pola cal os peregrinos chegaban a Compostela entrando polo sur de Galicia. Parece que Botos se "rompe" e queda illada do mundo que a rodea. Si é o tren Talgo, non para. O Rexional xa non digamos. O AVE tampouco. A Autoestrada, menos mal que ten unha saída/entrada de momento xa que podía darse o caso de que realizasen unha saída/entrada en Dozón e suprimisen unha no concello de Lalín, que sen dúbida sería da que lles estou a falar.
Agora queren modificar o camiño de Santiago, seguro que o desvían por Lalín. ¿Que nos queda? Nada. Dentro de pouco veremos como nos levan tamén o Polígono, a depuradora,...

Esas historias que nos contan os peregrinos e tamén as que contan os nosos veciños a esas xentes foráneas e que reciprocamente se escoitan con moita atención e agarimo, incluso dándolle pousada e de comer non se poden perder.

Esperemos que o cambio non sexa "radical".

14/2/08

SEGUE A POLÉMICA


Carroza Gañadora ----------------- 4º premio cooperativa de Botos
Titulares na prensa de hoxe:
-------------------------La Voz de Galicia-------------------------
La cooperativa de Botos se siente agraviada, culpa a Crespo y exige bases para el concurso de carrozas
-------------------------Faro de Vigo-------------------------
Botos denuncia deficiencias graves en el desfile del Cocido


11/2/08

BOTOS - SANTIAGO en 15 minutos

Noticia que saiu na voz de Galicia de onte
El BNG plantea un tren de Lalín a Santiago y Ourense por la vía del AVE
El servicio regional evitaría confluir con el convoy de alta velocidad y bajaría a 15 minutos el viaje a cada destino

El BNG de Lalín presentó ayer una propuesta de dinamización del transporte ferroviario desde el municipio, que plantea la utilización de las vías del AVE para crear una línea regional que conectaría la capital dezana con Santiago en 15 minutos, y en el mismo tiempo con Ourense. El portavoz Francisco Vilariño dejó claro que esta línea en ningún caso confluiría con los trenes de alta velocidad; la idea es aprovechar los PAT -puesto de adelantamiento de trenes- y PAET -puesto de adelantamiento y estacionamiento de trenes- del trazado del AVE para construir una estación que pueda dar servicio a la línea regional. En el caso de Lalín, se sitúa cerca de A Romea, en Botos.
La propuesta del Bloque estima 15 minutos a ambas ciudades calculando una velocidad máxima de los trenes de 210 kilómetros hora, frente a los 350 que prevén alcance el AVE. En todo caso, destacan el ahorro en tiempo frente al viaje por la AP-53 a Santiago, de 38 minutos, y además con un coste de 4,90 euros; y 53 minutos a Ourense por AP-53 y N-525. Los nacionalistas analizan la actual situación de la línea ferroviaria convencional, y se muestran convencidos de que la amplia distancia de Santiago a Ourense -132 kilómetros- frente a los 88 kilómetros del trazado del AVE y la duración de dos horas de viaje -frente a los 30 minutos de su propuesta- explican la escasa utilización del tren.
Vilariño cree que con su iniciativa se incrementará el volumen de pasajeros y se vertebrará el interior de Galicia y Lalín. Apunta a que contribuirá a fijar población en la capital dezana; favorecerá la movilidad geográfica de los trabajadores entre las zonas de ubicación de las estaciones; apuntan al especial beneficio para funcionarios que trabajen en Santiago y Ourense, y población universitaria. Y entiende el BNG que la línea regional a través de las vías del AVE contribuirá a asentar población en Lalín.

4/2/08

RECEITA: ORELLAS DE ANTROIDO

INGREDIENTES:
- 1 ovo
- 100 gr. de azucre.
- 500 gr. de fariña.
- Anís (o que se queira :-P)
- 200 cc de auga morna con sal.
- 100 gr. de manteiga.
- Unha culler de levadura.
- Aceite para frituras.
- 1 rodillo de amasar.

PREPARACIÓN:

Mistúrase a fariña e a levadura nunha pota, deixando un oco no centro. Batemo-los ovos co azucre e un chorro de Anís para logo xuntar no medio da masa xunto coa auga e a manteiga.

Amasase suaviño e logo se pon nunha mesa, previo espolvoreo de fariña para que non se pegue. Seguiremos amasando ata ter unha masa elástica e suave, engadindo se fose necesario máis auga ou fariña.

Tras deixar repousar 20 minutos, imos cortando a masa en anacos de + - 250gr. Con axuda do rodillo imos extendendo sobre a mesa unhas tiras finas de masa. Unha vez ben estarricadas, vanse fritindo de unha en unha nunha tixola co aceite ben quente.

Preséntanse nunha bandexa espolvoreando azucre por riba.