20/4/08

BOTOS MAIS NOVAS DA ASOCIACIÓN

Na Asambleia Xeral celebrada o pasado 6 de abril acordouse:

-Disolución da Xunta Directiva para convocar novas eleccións.
- Ábrese o prazo para presentación de candidaturas.
-A data límite de presentación de candidaturas é o día 2 de maio de 2008; quen queira presentar candidaturas pregámoslle que se poña en contacto cos seguintes numeros de teléfono:
986784294 = Manolo (Presidente en funcións)
635943823 = Silvia (Secretaria en funcións)

Pola presente, quedan convocadas eleccións para elexir nova Xunta Diractiva o vindeiro:

Día: 18 de maio de 2008
Hora: 12:00 horas ata as 14 horas
Lugar: Local Social de Botos (teleclube)

¡¡ A Asociación necesítavos!! ¡¡ Contamos ca vosa presenza!!


17/4/08

novas da asociación veciñal " ENTREVÍAS"

hola a todos!! recordovos que a asociación Entrevías veu de celebrar unha asamblea xeral nestes últimos días. o fin de esa asamblea era falar do estado da nosa asoción, abranguindo temas coma o estado das contas, que cousas se estaban a facer, etc. pero o punto máis importante foi o do estado da directiva, xa que corren tempos de eleccións. A diretiva dunha asociación elixese, creo recordar cada catro anos, e a nos tocanos agora. Gustaríame que a xente se animara a participar da asociación, a ir ás votacións e sobre todo a seguir formando parte dela.
se alguén ten algunha candidatura proposta que chame ó actual presidente para comunicarllo canto antes. é necesareo xa que debemos prepar os trámites para as votacións.
saudos

16/4/08

www.debotos.es (version 2.0)

Este Domingo día 20, as 16 horas, terá lugar na Taberna de Vento unha segunda charla explicativa (mentras tomamos un café), despois da que fora presentación oficial da revista debotos e máis da web, para aquelas persoas que estean interesadas en colaborar coa web, ben sexa aportando contidos ou ideas e suxestións para que a parroquia medre cada día máis. Para ben ser, os que non teñades ningún tipo de vinculación coa asociación entrevías, a revista debotos ou a web http://www.debotos.es/ e queirades asistir, comentade esta noticia poñendo, a lo menos, o voso nome.


Esta reunión estaba prevista para o Domingo pasado pero por motivos de axenda (ou quizais olvido... :-P ) non puido asistir o poñente. Vémonos o Domingo.



Saúdos.

1/4/08

REFRÁN DO MES

" ABRIL FRIO E FORNOS QUENTES, ALEGRÍA PARA OS MEUS DENTES "

¿PARADA DO AVE EN BOTOS?

Cerrada a enquisa, só nos queda dar os datos e as gracias a todos aqueles votantes por mostrar a súa opinión e poder ter unha idea do que a xente quere. Con un 91% dos votos a opción que saiu gañadora por maioría foi a de Sí. Un sí para unha parada do AVE na parroquia na que non está prevista ningunha parada. Na imaxe, podemos ver o estado das obras a día de hoxe, unhas obras que xa pasaron de ser en vertical para comezar a verse en horizontal (ver no fondo da imaxe).