31/3/08

La Fundación Barrié muestra la obra de Laxeiro en A Coruña y Vigo

Noticia de La Voz de Galicia

La Fundación Barrié abrió la pasada semana, y hasta el próximo día 1 de junio, la exposición Laxeiro. La lógica de lo irracional, coincidiendo con el año del centenario del nacimiento del pintor de Lalín.

Comisariada por Luis María Caruncho, la muestra exhibe medio centenar de obras de mediano y gran formato repartidas entre las sedes de A Coruña y Vigo, con las que se repasan las múltiples facetas estilísticas y temáticas del artista.

De 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 21.00 horas.

As ganderías lalinenses Blanco e Fraga, elixidas como as mellores de Feiradeza


NOTICIA DO FARO DE VIGO





A explotación de Botos Carballeiras; Silva, de Dozón; e Os Caseiros, de A Estrada, foron outras das triunfadoras dunha xornada que congregou en Lalín a 3.000 persoas.

26/3/08

REFRANEIRO POPULAR

*O MES DE MARZO*
En marzo abrigo, mozas e pantrigo.
En marzo nin a auga que molle o rabo do gato.
Marzo, marceador; de noite chove e de día vai sol.
Marzo, marzán; ó mediodía zoa a abella e á noite mata a ovella.
Marzo, marzán, pola mañán cara de can, ás doce cara de porco e á noite cara de marran.
Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Ñas tardes de marzo, recolle o teu gando.
Nin marzo con flores, nin moza sen amores.
O sol de marzo queima ós donos no seu pazo.
Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año.
Se o mes de marzo revella non queda pastor nin ovella.

Se tes algún refrán que queiras compartir con nós, envíanolo nun comentario

22/3/08

PRIMAVEIRA BRANCA



Ai un par de días que rematabamos a estación invernal para dar paso a Primaveira. Estampas típicas desta época do ano son as árbores con frores, margaritas e outras plantas de cor, alerxias, ... Pero hoxe poidemos ver unha estampa máis propia do inverno, a neve. Por primeira vez neste ano vimos por momentos puntuais folerpas misturadas con saraiva forte e incluso algunha treboada que outra. Tamén poidemos ver algun raio do sol, que por forte que pegase, a temperatura no exterior foi inferior os 2 graos durante todo o día.
Este tempo pon fin a uns días de Semana Santa. Recomendamos para tornar o frío nestas datas tomar unha cunca de chocolate quentiño acompañado dunha porción de rosca de pascua para mollar.

19/3/08

19 de Marzo, SAN XOSÉ

Felicidades a todos os Xosés, Xosefas, Pepes, Pepas, ... e un sin fin de derivados que están hoxe de onomástica, ou sexa, de Santo. Tamén felicitacións para todos eses papás que celebran o seu día grande.

17/3/08

Comeza a Semana Santa

Co Domingo de Ramos dase o pistoletazo de saída a Semana Santa. Dende http://www.debotos.es/ desexamos que o pasades ben nuns días nos que os actos relixiosos son os que abundan en todo o País pero tamén hai tempo disfrutar duns días de lecer. Para os que viaxedes, coidado nas estradas.


12/3/08

IMAXE DO DIA


O LAVADOIRO.- Un lavadoiro é unha habitación destinada ao lavado da roupa.
Antigamente, o lavadoiro era o lugar dentro ou fora do lar no que se lavaba a roupa a man sobre una táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome. Nun lar moderno, un lavadoiro está equipado por unha lavadora e unha secadora automáticas e a menudo un lavabo grande para lavar a man as prendas delicadas coma xerseis así como unha táboa de pasar o ferro. Un típico lavadoiro está situado no soto dos lares mais vellos, pero en moitas viviendas modernas se pode topar no piso principal cerca da cociña ou arriba cerca dos dormitorios.
Outra localización típica é pegado ao garaxe servindo o lavadoiro como recibidor a entrada do mesmo.

Esta definición aparece na web "http://es.wikipedia.org/wiki/Lavadero". En Botos podemos completala un pouco dicindo que todavía perdura algún lavadoiro en uso. Actualmente tamén serve como bebedeiros do gando de camiño as cortes despois de pacer. Comentade esta nova se sabedes algunha función máis destas obras que se deberían considerar patrimonio histórico.

11/3/08

Accidente na PO-534

Un Camión da empresa Industrias González, con sede social no Polígono Industrial de Botos viuse implicado esta mañán nun accidente de tráfico no que tamén estaba implicado un vehículo no que viaxaban 3 persoas e na que fatalmente falecía a conductora de 27 anos. O accidente aconteceu arredor das 9:00 da mañá na carretera PO-534 (a que pasa por Botos) ao seu paso polo lugar de Magaláns-Forcarei.
Precaución nas estradas sobre todo nos días de choiva.

7/3/08

Os Votos de Botos

Coma cada 4 anos, o noso local social albergará este domingo as urnas para que os Botenses que se acheguen ata alí poidan depositar o seu voto para a súa candidatura política nestes comicios electorais a presidencia do Goberno de España. É ben que haxa este tipo de actos nun local social que por veces se queda pequeno, e como esta cita atrae a moitos políticos da zona, que vexan o estado no que están as instalacións. www.debotos.es non ten constancia de quen vai a presidir a mesa correspondente a Botos pero dende aquí queremos darlle o noso "pésame" porque as previsións do tempo para este Domingo na zona non son nada boas.
Esperemos que na próxima lexislatura, sexa quen sexa o gañador, que miren un pouquiño (bastante) máis pola nosa parroquia. Y é que cada un tira para a casa...
En Botos existe representación dos principais partidos políticos, da cal non se pode opinar xa que éste non é un blog político. O que sí vou a facer é comentar a foto con unha frase "política" empregada estes días: -- A nena Victoria para xogar nos columpios ten que ter boa sorte --

3/3/08

BOTOS, ruxidos en tódolos sentidos

Cerca de 40.000 persoas se achegaron esta fin de semana ata a comarca do Deza para asistir a XIV edición do Rali do Cocido. Un rali, que como case tódolos anos, emprega como vía de acceso a algún dos seus tramos a carretera do candán, ou sexa, a que pasa por diante da nosa parroquia. O sábado foi o día grande, no que tivemos retencións de varios quilómetros e incluso varios controis de velocidade por parte da Dirección Xeral de Tráfico, quen, sabendo do evento, quixo sacar "tallada" da ocasión.

O titular desta nova, "BOTOS, ruxidos en tódolos sentidos", ten a súa explicación. Por un lado, como ven se apuntaba anteriormente, moitas ringleiras de vehículos podiamos ver pasar por diante das nosas casas pola carretera PO-534 dende primeiras horas da mañán do sábado. O motivo era a celebración dese rali que gañaba o ferrolán Pedro Burgo. Por outro lado, BOTOS acollía os centos de animais que habitan os nosos montes e lugares, escapando dun enorme ruxido, un ruxido que superaba o do noso rei do monte, o raposo. Era o dos coches do rali.....