6/6/08

Asociación de veciños

Asociación: reunir varias persoas ou cousas para un mismo fin. Veciño: dise de cada unha das persoas que viven nunha misma parroquia, vila, etc...... Asociación de veciños: Asociar a varios, ou a poder ser a todos, veciños para un mismo fin. Creo que as anteriores definicións dan a entender o significado do que se pretende cando se fai unha asociación de veciños, ou polo menos do que pretendemos algúns. Moita xente pensa que unha asociación se forma para intereses particulares, cando a verdadeira finalidade non é outra ca un fin común. Pareceme que non só temos que estar para as cousas que nos interesan, para as que nos gustan ou pas que se fan a nosa maneira. Eu entendo que nunha asociación compre estar pa todo, para votar un baile ou para limpar o río, para comer un chourizo ou para pegar carteis, para o que diga eu ou para o que diga o meu veciño, para a maioria ou incluso ,se ten a razón, para a minoría. Estamos para unir, para poder ver unha alegria colectiva, para un mismo fin, para asociar, para que non nos importe se unha festa se fai arriba ou abaixo senón que se faga a festa e que a festa nos xunte.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

MURÁN, seica estabas inspirado o día que escribiches isto. Tí valías para presidente (da xunta polo menos) ;-P

O primeiro paso para ser un bo mandatario xa o cumpliches: traballar os Domingos...
;-P

Asdo. O que non traballa os Domingos.

Anónimo dijo...

señorito anónimo xa sabemos quen es, eu levaba uns días haber se te procuraba e agora xa o teño. non nos fagas eso porque eu pensei que alguen máis que ti muri e eu leían o noso blog e xa estaba toda emocionada.

Anónimo dijo...

tendes que facer unhas pegatinas que poñan http://www.debotos.es e pegalas por ai adiante.

Anónimo dijo...

pois iso non sería mala idea

muran dijo...

si, a verdade é que estaba un pouco inspirado, pero non fodas que pa presidente da xunta non creo que valera, pois traballo mais dias ca os domingos