23/12/07

¡¡ Vivamos como Galegos !!


Dende a parroquia de Botos, e para todo o mundo, desexamos que pasedes estas datas de nadal coa familia e .... FESTA RACHADA!!


"BO NADAL e FELIZ ANO 2008"

18/12/07

Relevo para la moda dezana


Así titulaba A Voz de Galica do domingo unha noticia que tranquilamente, e sen lugar a dúbidas podiamos titular "Relevo para a moda Galega". Segue tendo o mesmo significado pero quizáis adquira mais importancia. Esta foto foi sacada de dito xornal. No seguinte enlace tendes acceso a entrevisa que lle fixeron a estas 3 rapazas que están a piques de rematar os seus estudos de deseño textil. Non poñeriamos neste blog esta nova se non fora porque unha das rapazas é natural de Mouriscade e de "Botos" de adopción. Chámase Lidia Poza Piñeiro (a do medio na Foto) http://www.lavozdegalicia.es/deza/2007/12/16/0003_6407653.htm

Fai unhas semanas saiu nun concurso de novos creadores televisado pola tvg presentando a súa colección chamada "tarde de domingo".

7/12/07

Un coche cae por un talud de 10 metros en Botos y queda a pocos metros del río

Isto é o que podiamos ler no FARO DE VIGO de hoxe:
"Un vecino de Sarria resultó herido de consideración, ayer, tras precipitarse con su vehículo desde una altura de 10 metros en el puente nuevo de la parroquia lalinense de Botos. E.P.B., de 65 años, que sufre diversas contusiones en cabeza y espalda, permanecía al cierre de esta edición ingresado en el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago con pronóstico reservado.
El suceso aconteció a las 10.00 horas, cuando el Peugeot 306 LU-6631-W que conducía el accidentado, en compañía de A. F. R. M., de 35 años y también vecino de Sarria, se precipitó marcha atrás desde el puente nuevo de Botos cayendo boca arriba en las proximidades de la estación municipal de captación de aguas próxima al río Asneiro. Los ocupantes del turismo fueron socorridos por varias personas que se encontraban en la zona, aunque en el lugar del siniestro hicieron acto de presencia una dotación del Parque Intercomarcal de Bomberos, Protección Civil de Lalín, Guardia Civil de Tráfico y una enfermera y un médico del ambulatorio lalinense, que atendieron a los accidentados en el mismo lugar del suceso.
El herido fue trasladado de manera urgente en ambulancia al centro hospitalario de la capital gallega mientras una grúa se encargaba de izar el maltrecho vehículo a la carretera.
"

A zona onde se produciu este accidente ten "algo" que atrae os coches de cara o río xa que, lembremos, no mes de xullo, outro coche caía na mesma zona, felizmente sen danos persoais. Aquí vos deixo unha foto do anterior accidente.

5/12/07

Presentación oficial da Revista



A sempre "atenta" Marta nos envíou un correo a aquelas persoas que ten na súa axenda para informarnos do seguinte:
"HOLA,
En vista da reunión que tivemos hoxe (02-12-2007), acordamos poñer o día 15, sábado, a presentación da revista. Será a partir das 19:30 horas. Quedaremos antes para limpar e acondicionar un pouco a escola. Animádevos a axudarnos. jeje.
Haberá distintas actividades, como a proxección dalgúns cortos, o desfile de lidia ou a explicación de Toño de cómo se introducen as cousas na páxina web www.debotos.es Ademais faremos unha fabada e traerémos uns cantos músicos.
Decídio por ahí.
Esperamos que veñades todos.
Un Saúdo."
Ahí queda esa mensaxe que envía Marta.

19/11/07

POR FIN CHOVE




A terra xa precisaba unha molladura. Sexa ou non provocado polo "cambio climático" a verdade é que a choiva nesta época do ano na que estamos é moi escasa e as reservas de auga cada vez van a menos. Por iso, a choiva destos días nas nosas terras é recibida por "case" todo o mundo coma unha bendición. A verdade é que polas fotos que se publican con esta noticia, na nosa parroquia aínda temos reservas de auga para unha tempada xa que na imaxe de abaixo vemos como "os do AVE" están a facer unha lagoa nas súas excavacións. Se se acaba a auga, beberemos viño :-P

16/11/07

A REVISTA

Xa está aquí o proxecto tan ansiado por tod@s: A edición nº1 da revista "debotos". De momento podedela baixar en formato pdf nos vosos ordenadores dende a web www.debotos.es, aínda que penso que se van a repartir algúns exemplares editados para a presentación oficial da revista. Un montón de artigos dos que podemos opinar e debatir neste blog (entre outras moitas cousas...). Esperemos que o éxito acadado con esta primeira edición faga que se chegue a unha segunda edición (polo menos!!), e coa creación da web www.debotos.es poidamos xuntar máis ideas, artígos, contos, pasatempos, ... para que en cada nova edición o número de páxinas sexa maior. Noraboa a tódolos que fixeron posible todo isto...

11/11/07

EXITOSO MAGOSTO



Entre castañas, viño e augardente, e nun local social que por momentos se quedaba pequeno, ninguen pasou frío. Temperaturas baixo cero no exterior, pero no interior todo o mundo tiña calor. Sería pola queimada, polo lume da cheminea ou quizais polos aplausos que recibía o noso amigo CELSIÑO con cada un dos contos que chamaban a atención de todo o mundo, dende os máis pequenos ós máis maiores. A continuación de Celsiño non faltou FOLIADA e uns bailes para rematar unha noite de troula sen olvidarnos do principal homenaxeado: A CASTAÑA. Se pinchades aquí podedes ver as fotos do evento.

8/11/07

*** MAGOSTO ***

VENRES 9, a partir das 21:00 HORAS no LOCAL SOCIAL de BOTOS
MAGOSTO
CONTACONTOS
CELSIÑO e FOLIADA
Traede algo pra “picar”.

Ó viño, ó pan e a augardente convida a Asociación


4/11/07

Día de Defuntos

Acabamos de terminar unha ponte festiva na que coma tódolos anos temos que lembrarnos dos nosos seres queridos, de aqueles que nos deixaron un día e que xa non están entre nós. Da gusto ver como se lle dá "vida" e colorido os cemiterios, aínda que sexa un día o ano. Esta imaxe foi sacada no cemiterio de Botos (a carón da igrexa). O tempo nesta ponte foi bo e fixo un clima agradable para que centos de persoas saíran das súas casas e poideran así compartir uns minutos preto de onde viron por última vez ós seus achegados. Que Descansen En Paz.

30/10/07

Erín Moure: unha recomendación


A canadense Erín Moure, unha das máis importantes poetas en lingua inglesa no Canadá, presentou o 16 de outubro en Santiago o seu último poemario: Teatriños ou Aturuxos calados. O libro, escrito na parroquia lalinense de Botos, inclúe a versión en inglés, lingua orixinal da maior parte dos poemas, e en galego, idioma no que escribiu directamente seis deles.

Ainda que nacida en Calgary no 1955, Erín defínese como galega, irlandesa, ucraína e polonesa, unhas raíces verdadeiramente canadenses, en palabras súas: un cruzamento de emigracións, de historias cheas de tristuras, dificultades e valor

O seu bisavó paterno, Juan Benito Moure e Lobariñas naceu en Crecente (1848); tivo tres fillos: un deles foi o avó de Erín, Juan Benito Moure.

No ano 1994 chegou a Galicia co seu pai buscando a aldea do seu avó. Relata que eles non sabían que eran galegos e que ó escoitar galego por primeira vez sorprendeuse e aledouse; nunha viaxe a Vigo no 1998 mercou libros para aprender o idioma, no 2001 regresou a Santiago como alumna dun curso de verao para estranxeiros, desde entón non parou de volver e volver a Galicia.

Escribe poesía e traduce poesía do galego, do portugués (Fernando Pessoa), do francés (Nicole Brossard, Christophe Tarkos, Steve Savage entre outros), e castelán de Chile (Andrés Ajens). Fala inglés, francés e galego e pode ler en castelán e en portugués...

Tamén lle gusta cociñar e rir. Ten bicicleta, esquís, patíns, zapatos, pantuflas, botas de goma, calcetíns, billetes de avión, pero non ten coche.