7/3/08

Os Votos de Botos

Coma cada 4 anos, o noso local social albergará este domingo as urnas para que os Botenses que se acheguen ata alí poidan depositar o seu voto para a súa candidatura política nestes comicios electorais a presidencia do Goberno de España. É ben que haxa este tipo de actos nun local social que por veces se queda pequeno, e como esta cita atrae a moitos políticos da zona, que vexan o estado no que están as instalacións. www.debotos.es non ten constancia de quen vai a presidir a mesa correspondente a Botos pero dende aquí queremos darlle o noso "pésame" porque as previsións do tempo para este Domingo na zona non son nada boas.
Esperemos que na próxima lexislatura, sexa quen sexa o gañador, que miren un pouquiño (bastante) máis pola nosa parroquia. Y é que cada un tira para a casa...
En Botos existe representación dos principais partidos políticos, da cal non se pode opinar xa que éste non é un blog político. O que sí vou a facer é comentar a foto con unha frase "política" empregada estes días: -- A nena Victoria para xogar nos columpios ten que ter boa sorte --

No hay comentarios: