3/3/08

BOTOS, ruxidos en tódolos sentidos

Cerca de 40.000 persoas se achegaron esta fin de semana ata a comarca do Deza para asistir a XIV edición do Rali do Cocido. Un rali, que como case tódolos anos, emprega como vía de acceso a algún dos seus tramos a carretera do candán, ou sexa, a que pasa por diante da nosa parroquia. O sábado foi o día grande, no que tivemos retencións de varios quilómetros e incluso varios controis de velocidade por parte da Dirección Xeral de Tráfico, quen, sabendo do evento, quixo sacar "tallada" da ocasión.

O titular desta nova, "BOTOS, ruxidos en tódolos sentidos", ten a súa explicación. Por un lado, como ven se apuntaba anteriormente, moitas ringleiras de vehículos podiamos ver pasar por diante das nosas casas pola carretera PO-534 dende primeiras horas da mañán do sábado. O motivo era a celebración dese rali que gañaba o ferrolán Pedro Burgo. Por outro lado, BOTOS acollía os centos de animais que habitan os nosos montes e lugares, escapando dun enorme ruxido, un ruxido que superaba o do noso rei do monte, o raposo. Era o dos coches do rali.....

No hay comentarios: