12/3/08

IMAXE DO DIA


O LAVADOIRO.- Un lavadoiro é unha habitación destinada ao lavado da roupa.
Antigamente, o lavadoiro era o lugar dentro ou fora do lar no que se lavaba a roupa a man sobre una táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome. Nun lar moderno, un lavadoiro está equipado por unha lavadora e unha secadora automáticas e a menudo un lavabo grande para lavar a man as prendas delicadas coma xerseis así como unha táboa de pasar o ferro. Un típico lavadoiro está situado no soto dos lares mais vellos, pero en moitas viviendas modernas se pode topar no piso principal cerca da cociña ou arriba cerca dos dormitorios.
Outra localización típica é pegado ao garaxe servindo o lavadoiro como recibidor a entrada do mesmo.

Esta definición aparece na web "http://es.wikipedia.org/wiki/Lavadero". En Botos podemos completala un pouco dicindo que todavía perdura algún lavadoiro en uso. Actualmente tamén serve como bebedeiros do gando de camiño as cortes despois de pacer. Comentade esta nova se sabedes algunha función máis destas obras que se deberían considerar patrimonio histórico.

No hay comentarios: