14/1/08

UNHA MORTE ANUNCIADA




O pasado venres, no lugar do Reguengo, un can grande blanco e con pencas negras cruzaba a estrada unha e outra vez sen percatarse da presenza dos coches que por alí pasaban. Vino cos meus propios ollos nunha destas "cruzadas" e veume a cabeza o que todo o mundo pensaría: "Como siga así vai acabar matandoo un coche". Dito e feito. Ese mismo día, venres, xa de madrugada, pasei pola mesma zona e alí topei co mesmo cadelo xa cádaver. Tiña pensado sacarlle unha foto pero a choiva nese momento era tan forte que decidín continuar a miña marcha. Se vos pasades hoxe polo Reguengo seguro que aínda o vedes. Dende aquí fago un chamamento a xente que sepa algo deste suceso para esclarecer que foi o que pasou realmente, xa que nos xornais da fin de semana non vin ningunha noticia ó respecto. E se alguén perdeu o seu can e coincide coa descripción citada anteriormente, xa sabe onde topalo. "Vida de perros..."
Foto: punto vermello indica a situación do animal durante a fin de semana.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

toño, deixa de poñer cousas tristes.!!!
envieiche mogollon de fotos ó correo debotos. porque non son capaz de metelas eu. tes que darnos outra clase máis específica.somos uns burros

Anónimo dijo...

Mais triste sería se o can foxe atropelado e non morrera, non?? Bueno, perdoade, intentarei ser máis alegre. ¡¡Un perrito caliente!!, jeje. Vaixeme a perola...

Non recibín ningunha foto no correo, mandaríalas ben??

Saudos Internautas

Anónimo dijo...

home si.pois logo non nas mandei ben. jeje. e que sonche un pouco burrilla pra estas cousas. eu so dou introducido cousas no blog, pero no resto da paxina non.aparecen unha chea de programas pero ningun sirve pra eso.
coidarse.