29/1/08

4º Premio para a Carroza da cooperativa de Botos

A Carroza da Cooperativa Gandeira de Botos obtivo o cuarto premio na XL edición da Feira do Cocido de Lalín. Un premio dotado con 500 euros que a ben seguro lles custou moito mais realizar. Según datos da prensa, arredor de 60.000 persoas se diron cita nas rúas lalinenses para comer o cocido e ver o desfile de carrozas e comparsas. Na carroza de Botos, merecedora do primeiro premio, que recaeu nunha carroza que soamente tiña de atractivo unha avioneta simulando a do aviador Loriga, podiamos ver
un variado número de labouras que se facían antigamente e que agora xa se perderon como por exemplo o de levar nun burro as olas do leite ou o proceso do millo. Se pinchades no enlace que abaixo poño podedes ver as fotos da carroza que sacou www.deza.org. Se queredes ver fotos das outras carrozas debedes entrar no apartado imaxes de dita páxina. Expresade aquí as vosas opinións sobre a elección dos premios que eu opino non foron de carácter popular senón "partidistas". VER FOTOS: http://picasaweb.google.com/debotos/FeiraDoCocido2008

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sen dúbida a de Botos foi a Mellor. Merecía o primeiro premio. ¡¡AUPA BOTOS!!