5/1/08

boa tarde!!

Boa tarde!! Por fin tiven un minuto para deixar unhas palabras no blog botense. Pensei que me ía levar bastante tempo, pero coa boa explicación de Toño foi doado. Toño - a Docampo creo que llo vas tes que explicar de novo porque aínda non o pillou!!
Hoxe, día 5, algúns festeiros da parroquia iremos cantalos reis de lugar en lugar. Se alguén se anima, xa sabe que afine a palleta e traia unhas culleres, cunchas ou a botella do anís.
Apertas pra todos!!!!!!!!!

1 comentario:

Iago in person dijo...

Mu buenas! Envíovos este comentario para comentarvos que puxemos un enlace á vosa web dende a nosa (www.teatrosecundario.com). Consultade a páxina de ligazóns para comprobalo. Non é que sexa unha indirecta, pero Docampo xa está avisado de que se non nos correspondedes, tráxicas circunstancias se cernirán sobre vós (romperásevos unha uña, ou o coche quedarase sen gasolina, ou teredes un catarriño a próxima fin de semana). Atédevos ás consecuencias.