Achegase o carnaval, e con elo a campaña electoral. Saleume unha rima que non contaba con ela :-)
O vindeiro 9 de Marzo estamos chamados as furnas para elexir quen será o noso presidente do goberno durante os próximos catro anos. Botos ten veciños afiliados a todos os partidos políticos que forman o concello de Lalín (Manolo Gómez, Donsión, Rocio, ...). É ben seguro que a nosa veciña Paula (a da dereita na foto) non necesitará xornada de reflexión para elexir ó seu candidato. Non quero dicir con isto que, porque a que sae con ela na foto sexa unha ourensá que chegou ó goberno de Zapatero como Ministra de Agricultura, Gandeiría e Pesca, vaia a votar o Partido Socialista. Me explico. Paula traballaba de guía turística no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) cando a ministra Elena Espinosa fixo unha visita a dito templo abandoado e que agora se está a reabilitar. A sua visita puido ser analizada por Paula e observar o tipo de persoa que é realmente e a sua visión da política se puido ver alterada. Sí, sí, tanto podía dicir que era unha tipa de P.M. coma que era unha Sosa ,...
¿Podemos saber como é a ministra sin coñecela? Analicemos a foto.
- O que primeiro destacamos son os nervios que había no ambiente. Digoo pola persoa que sacou a foto xa que saiu un pouco movida. :-P
- A distancia entre unha e outra determina falta de acercamento e entendemento.
- A ministra parece que ten un pito acceso na súa man dereita, síntoma de non respectar os lugares de patrimonio histórico e contaminando o ambiente.
- E que dicir da outra man, que parece que nos vai sacar unha pistola para "roubar o Wolframio" do que sempre comentaba Paula nas suas guías.
- ...
Que cada un saque as súas conclusións.
P.D. Perdoa Paula se che molestou a visión fotográfica ;-P