
- 1 ovo
- 100 gr. de azucre.
- 500 gr. de fariña.
- Anís (o que se queira :-P)
- 200 cc de auga morna con sal.
- 100 gr. de manteiga.
- Unha culler de levadura.
- Aceite para frituras.
- 1 rodillo de amasar.
PREPARACIÓN:
Mistúrase a fariña e a levadura nunha pota, deixando un oco no centro. Batemo-los ovos co azucre e un chorro de Anís para logo xuntar no medio da masa xunto coa auga e a manteiga.
Amasase suaviño e logo se pon nunha mesa, previo espolvoreo de fariña para que non se pegue. Seguiremos amasando ata ter unha masa elástica e suave, engadindo se fose necesario máis auga ou fariña.
Tras deixar repousar 20 minutos, imos cortando a masa en anacos de + - 250gr. Con axuda do rodillo imos extendendo sobre a mesa unhas tiras finas de masa. Unha vez ben estarricadas, vanse fritindo de unha en unha nunha tixola co aceite ben quente.
Preséntanse nunha bandexa espolvoreando azucre por riba.
4 comentarios:
orellas!!!! dios... que envexa... Aboaaaaa!!!!! e que.. as máis ricas son as da miña aboa, todo sea dito. :P
Saudos
Iso é porque non probaches as da miña avoa (je je). O segredo está no Mono. Sí, sí, no Anís del Mono.
Animade un pouco máis o Blog!!!
¡¡¡¡ Saudos Botenses !!!!
k pasa en botos non houbo entroido?
a min contoume un paxariño k unhas vacas marelas se estaban a lucir polos lughares da parroquia.
non sabedes nada?
apertas!!
Graciñas pola receita que estou fora da terra e co tema do entroido só pensaba nas ourellaaaaaaaaaaaas. A ver k tal me saen. A todo isto non sei onde está a vosa parroquia pero procurarei caer por alí. Bikos.
Publicar un comentario