26/2/08

Movendo nas CUNCHAS






Hoxe podemos ler na prensa que o comité asesor do Camiño de Santiago pretende variar o trazado da Ruta Xacobea ao seu paso por Abeleda - Baxán debido as obras do AVE que se están a levar a cabo nas inmediacións. Sería a primeira vez na historia da nosa parroquia que se modifique o trazado da ancestral vía da Prata, pola cal os peregrinos chegaban a Compostela entrando polo sur de Galicia. Parece que Botos se "rompe" e queda illada do mundo que a rodea. Si é o tren Talgo, non para. O Rexional xa non digamos. O AVE tampouco. A Autoestrada, menos mal que ten unha saída/entrada de momento xa que podía darse o caso de que realizasen unha saída/entrada en Dozón e suprimisen unha no concello de Lalín, que sen dúbida sería da que lles estou a falar.
Agora queren modificar o camiño de Santiago, seguro que o desvían por Lalín. ¿Que nos queda? Nada. Dentro de pouco veremos como nos levan tamén o Polígono, a depuradora,...

Esas historias que nos contan os peregrinos e tamén as que contan os nosos veciños a esas xentes foráneas e que reciprocamente se escoitan con moita atención e agarimo, incluso dándolle pousada e de comer non se poden perder.

Esperemos que o cambio non sexa "radical".

No hay comentarios: