Este Domingo día 20, as 16 horas, terá lugar na Taberna de Vento unha segunda charla explicativa (mentras tomamos un café), despois da que fora presentación oficial da revista debotos e máis da web, para aquelas persoas que estean interesadas en colaborar coa web, ben sexa aportando contidos ou ideas e suxestións para que a parroquia medre cada día máis. Para ben ser, os que non teñades ningún tipo de vinculación coa asociación entrevías, a revista debotos ou a web
http://www.debotos.es/ e queirades asistir, comentade esta noticia poñendo, a lo menos, o voso nome.
Esta reunión estaba prevista para o Domingo pasado pero por motivos de axenda (ou quizais olvido... :-P ) non puido asistir o poñente. Vémonos o Domingo.
Saúdos.
2 comentarios:
ai toño!!que desjracia!!tivechesnos toda a tarde esperando!!co que nós temos que facer os domingos!!!! creo que che é a primeira vez que pasamos toda a tarde de parola na taberna do vento!! ai que ter sentidiño home!!
Tampouco te pases!!! Que onde mellor que pasar un Domingo "de Fútbol" ca na taberna. :-P
Un, que tamén é humano. Sintoo.
Publicar un comentario