11/11/07

EXITOSO MAGOSTO



Entre castañas, viño e augardente, e nun local social que por momentos se quedaba pequeno, ninguen pasou frío. Temperaturas baixo cero no exterior, pero no interior todo o mundo tiña calor. Sería pola queimada, polo lume da cheminea ou quizais polos aplausos que recibía o noso amigo CELSIÑO con cada un dos contos que chamaban a atención de todo o mundo, dende os máis pequenos ós máis maiores. A continuación de Celsiño non faltou FOLIADA e uns bailes para rematar unha noite de troula sen olvidarnos do principal homenaxeado: A CASTAÑA. Se pinchades aquí podedes ver as fotos do evento.

1 comentario:

Unknown dijo...

Boa festa que se monta en Botos, cada ano polo magosto!! Paseino en crande....b@s cantareir@s,balaríns/as e conta contos de luxo!
Unha aperta!!