
22/3/08
PRIMAVEIRA BRANCA

19/3/08
19 de Marzo, SAN XOSÉ
17/3/08
Comeza a Semana Santa
Co Domingo de Ramos dase o pistoletazo de saída a Semana Santa. Dende http://www.debotos.es/ desexamos que o pasades ben nuns días nos que os actos relixiosos son os que abundan en todo o País pero tamén hai tempo disfrutar duns días de lecer. Para os que viaxedes, coidado nas estradas.12/3/08
IMAXE DO DIA

O LAVADOIRO.- Un lavadoiro é unha habitación destinada ao lavado da roupa.
Antigamente, o lavadoiro era o lugar dentro ou fora do lar no que se lavaba a roupa a man sobre una táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome. Nun lar moderno, un lavadoiro está equipado por unha lavadora e unha secadora automáticas e a menudo un lavabo grande para lavar a man as prendas delicadas coma xerseis así como unha táboa de pasar o ferro. Un típico lavadoiro está situado no soto dos lares mais vellos, pero en moitas viviendas modernas se pode topar no piso principal cerca da cociña ou arriba cerca dos dormitorios.
Outra localización típica é pegado ao garaxe servindo o lavadoiro como recibidor a entrada do mesmo.
Esta definición aparece na web "http://es.wikipedia.org/wiki/Lavadero". En Botos podemos completala un pouco dicindo que todavía perdura algún lavadoiro en uso. Actualmente tamén serve como bebedeiros do gando de camiño as cortes despois de pacer. Comentade esta nova se sabedes algunha función máis destas obras que se deberían considerar patrimonio histórico.
11/3/08
Accidente na PO-534
Precaución nas estradas sobre todo nos días de choiva.
7/3/08
Os Votos de Botos
Coma cada 4 anos, o noso local social albergará este domingo as urnas para que os Botenses que se acheguen ata alí poidan depositar o seu voto para a súa candidatura política nestes comicios electorais a presidencia do Goberno de España. É ben que haxa este tipo de actos nun local social que por veces se queda pequeno, e como esta cita atrae a moitos políticos da zona, que vexan o estado no que están as instalacións. www.debotos.es non ten constancia de quen vai a presidir a mesa correspondente a Botos pero dende aquí queremos darlle o noso "pésame" porque as previsións do tempo para este Domingo na zona non son nada boas.Esperemos que na próxima lexislatura, sexa quen sexa o gañador, que miren un pouquiño (bastante) máis pola nosa parroquia. Y é que cada un tira para a casa...
En Botos existe representación dos principais partidos políticos, da cal non se pode opinar xa que éste non é un blog político. O que sí vou a facer é comentar a foto con unha frase "política" empregada estes días: -- A nena Victoria para xogar nos columpios ten que ter boa sorte --